Foxe tras atropelar un ciclista de 78 anos na ponte da Illa de Arousa
Por Redacción
Un ciclista de 78 anos, Fernando Rodríguez Santiago, veciño da Illa de Arousa, resultou ferido tras sufrir o impacto dun vehículo cando circulaba pola ponte que une Vilanova de Arousa coa Illa. O atropelo producíase pasadas as 19.30 horas e o condutor do turismo fuxíase tras producirse o atropelo.
Ata o lugar desprazouse a Policía Local da Illa, a Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 e Protección Civil de Cambados, que se encargou de trasladar ao ferido ata o Hospital, do Salnés, segundo informaron fontes da propia agrupación de voluntarios. A vítima do accidente sufría un corte na cella esquerda, dor torácica e lumbrar ademais de contusións no cóbado esquerdo.
A Garda Civil e a Policía Local tratan de localizar o vehículo que, segundo testemuñas presenciais, se trataría dun Renault Laguna escuro que fuxiu en dirección á Illa de Arousa. No lugar do accidente quedaron restos da carrocería, que servirán para desenvolver a investigación e intentar localizar o turismo. Segundo as primeiras indagacións, a causa da colisión estaría na invasión por parte do coche da zona de carril bici.
Relacionadas:
-
Falece un ciclista atropelado por unha furgoneta na Autovía de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada