Un garda civil sofre unha rotura de ligamentos nun accidente laboral na Escola Naval
Por Redacción
Un axente da Garda Civil do Mar resultou ferido este mércores nun accidente laboral rexistrado nas instalacións da Escola Naval Militar de Marín, onde este Corpo do Instituto Armado garda as súas embarcacións.
Fontes da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra indicaron que o axente sufriu unha rotura de ligamentos pola que tivo que ser traslado ao Hospital Domínguez. O accidente produciuse cando pasaba dunha embarcación a outra con intención de chegar á súa propia lancha para empezar unha patrulla habitual.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 tivo constancia do accidente ás 8.00 horas e solicitou a intervención de Urxencias Médicas e das policías Local e Nacional. Finalmente, fíxose cargo das dilixencias a propia Garda Civil.
Fontes da Escola Naval aclararon que o accidente laboral non ten nada que ver co recinto castrense.