Unha veciña de Pontevedra denuncia o roubo no piso que lle encargaran coidar
Por Redacción
Unha veciña de Pontevedra interpuxo unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra na que daba conta do roubo no interior da vivenda dunha amiga que lle deixara a cargo do coidado desta.
Segundo informa a Policía Nacional, os feitos remóntanse ao pasado día 3 de xullo. A denunciante manifestaba que o autor tería subtraído: un televisor, unha pantalla de ordenador, un abrigo de pel, catro reloxos, varios obxectos de bixutería, seis pares de pendentes, un anel de prata, un bolso de pel, varias bebidas do interior da neveira.
Os axentes seguiron coas pescudas e localizaron o individuo que tería subtraído os obxectos, que foi identificado e foi detido como presunto autor do roubo con forza o día 14 de xullo ás 13.30 horas.
Unha vez en dependencias policiais, tramitouse o correspondente atestado policial, e os axentes lograron recuperar a maior parte dos obxectos subtraídos agás os pendentes, o bolso de pel e a bebida.