Un condutor resulta ferido ao envorcar o seu vehículo na AP-9
Por Redacción
Un home resultou ferido como consecuencia dun accidente de tráfico que se producía sobre as 14:30 horas deste xoves 17 cando circulaba pola autoestrada ao seu paso por Pontevedra.
Por causas que se están a investigar, o turismo impactou contra unha barreira de formigón lateral da AP-9 e envorcaba no medio da calzada no punto quilométrico 132 en dirección a Vigo, segundo informaban fontes da Axencia Galega de Emerxencias do 112.
O condutor lograba saír polo seu propio pé do turismo pero foi necesaria a asistencia sanitaria. Ata a zona desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e os operarios do servizo de limpeza de estradas.