Satisfacción no equipo de María Ramallo polo resultado das festas do Carme
Por Redacción
O goberno local de Marín valora de xeito moi positivo os días centrais da Festas do Carme. Consideran que o tempo estival e con noites agradables foi "o principal aliado" para que as actuacións programadas puidesen realizarse segundo o que se previra.
O arranque das festas iniciouse co Pregón que albergou entorno ao Trío Ruada un ambiente "moi acolledor e cariñoso". Continuaron cun repertorio excepciona da Banda de Airiños de San Xulián que acompañados da gaiteira Susana Seivane ofreceron a un público entregado unha conmemoración dos seus 25 anos con varias xeracións dos seus integrantes.
As actuacións no Parque Eguren foron tamén "os pratos estrelas", Carlos Baute e Rosana, con estilos diferentes e formulacións de concerto distintas. As orquestras foron do agrado de moitos dos seus seguidores que encheron a Praza de España día a día.
E como colofón o goberno marinense reserva un apartado especial á Orquestra Panorama. "O seu extraordinario espectáculo, o seu xogo de luz e cor, as persoas que o seguiron e o ambiente que se vivía había moito tempo en Marín nun día previo ao propio día do Carme".
DÍA DO CARME
Os actos do día 16 déronnos un realce especial. Os actos de xura de bandeira e entrega de despachos na Escola Naval Militar, e a Misa solemne e a procesión marítimo-terrestre contaron cunha afluencia de público "moi importante".
A tirada de lumes de artificio puxo a guinda a unhas festas "entrañables" para Marín, que se celebran con extraordinaria devoción e que concentraron moita xente.
O Concello agradece a colaboración do persoal municipal que estivo pendente, a brigada de obras, de limpeza, electricidade, e a Policía Local que desenvolveu un traballo excepcional ao atender dentro das posibilidades ao tráfico, os aparcadoiros e a concentración de persoal que alcanzou as súas cotas máis elevadas a véspera do día do Carme.
Relacionadas:
-
Rajoy presidiu a entrega de reais despachos na Escola Naval de Marín
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Inmobilizan un camión da Orquestra Panorama en Marín por exceso de peso
Por Redacción |
-
Rosana repasa os grandes éxitos da súa carreira nun multitudinario concerto en Marín
Por Diego Torrado |
-
Oito carrozas enchen de cor as rúas de Marín na tradicional Batalla de Flores
Por Diego Torrado |