O último espazo libre na Parda pasa a mans do Concello
Por Redacción
O concelleiro de Urbanismo e teniente de alcalde, Antón Louro, asinou este xoves a recepción dunha zona verde na Unidade de Actuación 14-2 (A Parda), co que o Concello xa dispón de todos os espazos libres nesta urbanización.
O xardín, cunha superficie superior a 1.300 metros cadrados, está situado entre a rúa Diego Sarmiento de Acuña e Conde de Gondomar.
O polígono foi entregado ao Concello no ano 2005, pero quedaba por entregar esta zona verde. Sen embargo, a execución das obras de construción dos edificios nunha das rúas perimetrais imposibilitaron a construción desta zona verde co deseño orixinal, dado que os soportais que daban á zona verde non teñen continuidade nin entre si nin coa beirarrúa pública. Ademais, existe unha escaleira e un chanzo dentro dun soportal para salvar as pendentes. Isto obrigou a facer correccións.
A solución que se buscou foi habilitar dentro da zona verde uns paseos peatonais en forma de zig-zag, eliminando a previsión orixinal de construír unha beirarrúa perimetral aos porches. Ademais, para salvar o chanzo que existe nun dos porches executouse unha rampla con pendente do 6%.