264 asociacións beneficiarias de subvencións serán auditadas pola Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra poñerá en marcha un Plan de Control Financeiro para regular as subvencións que concede a asociacións e a entidades para contrastar o uso das axudas que concede a institución provincial.
Segundo explicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, ao longo do ano 2013 tramitáronse 2.000 expedientes de axudas a asociacións e a entidades, cun volume de gasto de 7,3 millóns de euros.
O responsable de intervención do organismo provincial, Julio Souto, sinalou que se eximen da "auditoría in situ" que se realizará aquelas entidades que reciban menos de 6.000 euros por parte da Deputación. Elimínanse tamén desta acción fiscalizadora aos concellos porque xa contan con órganos de control externo como o Consello de Contas.
Polo tanto, 264 entidades cun volume económico que suma 4,5 millóns de euros veríanse sometidas a esta auditoría financeira. Esta medida, segundo Louzán, axudará a produndizar na transparencia da Deputación e das organizacións coas que colabora comprobando o uso que se fai do diñeiro público.