Queda durmida mentres conduce e provoca unha colisión múltiple cun ferido grave
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo desprazouse este venres á rúa Progreso onde, arredor das 12.40 horas, se rexistrou un accidente de circulación no que houbo varios vehículos implicados.
Segundo fontes municipais, os feitos producíronse cando a veciña de Portonovo A.C.S.R., de 60 anos, que regresaba de Pontevedra conducindo un Citroën Berlingo no que viaxaba tamén o seu marido golpeou un coche que circulaba en sentido contrario debido, ao parecer, a que quedou durmida ao volante.
Neses momentos o vehículo impactou frontalmente cun ciclomotor conducido polo sanxenxino F.L.E.G. de 70 anos de idade, que resultou ferido grave e tivo que ser trasladado polo 061 en ambulancia ao Hospital de Montecelo.
Ao lugar do suceso acudiu tamén o Servizo Local de Emerxencias e o 061.