Comeza a actividade nos obradoiros de verán na Lama
Por Redacción
O Concello da Lama xa ten en funcionamento seis obradoiros de verán para nenos e adultos nos que os asistentes poderán aprender unha serie de actividades ao longo dos meses de xullo e agosto.
Nestes talleres apréndese a elaborar xabóns naturais, a usar un tear vertical, a fabricar espantallo, a traballar co barro, ademais de cestaría e dunha actividade de lectura compartida.
Esta proposta desenvólvese durante as mañás nas instalacións municipais do Concello da Lama e o custo das actividades encóntrase en función do número de horas que os usuarios lle dediquen a cada un dos talleres nos que participen.
Os interesados en participar poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) na Lama ou chamando ao teléfono 986 76 82 38.
Por outra parte, tamén se encontran convocadas actividades ao aire libre dentro do programa Xuventude en Ruta, que levará durante o mes de agosto aos mozos de entre 18 e 35 anos a unha excursión ao Courel.