O Mércores de Cinza e a Festa dos Dolores, festivos locais de Ponte Caldelas en 2015
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, defendeu durante o pleno de xullo o establecemento dos festivos locais no Mércores de Cinza e no das Festas dos Dolores, que coincidirán durante 2015 co 28 de febreiro e o 2 de setembro. No primeiro caso coincide co festivo local de Pontevedra e prodúcese despois da celebración do día grande do Entroido, mentres que no segundo caso se trata dunha tradición en Ponte Caldelas ao resultar idóneo tras a fin de festa dos Dolores.
Durante a sesión plenaria aprobouse unha modificación de crédito por importe de 15.000 euros para que o goberno local afronte varias obras de reparación e mellora de viais públicos ademais de incorporar equipamentos como a adquisición dunha estufa de pellets para o Centro Sociocultural de Forzáns.
O alcalde xustificou a modificación de crédito na necesidade de iniciar un programa de mellora de viais no rural que está previsto que acometa a Consellería de Medio Rural, que obriga os concellos que se acollan a achegar unha cantidade equivalente ao IVE.
A proposta saíu adiante cos votos a favor do PPdeG e a abstención do BNG mentres que o grupo socialista votou en contra ao considerar que non se debe modificar o presuposto catro meses despois da súa aprobación.
O pleno contou co retrato do novo Rei, Felipe VI, presidindo a sesión.