Encaixa o coche contra o poste dunha viña en Caldas e desaparece sen deixar rastro
Por Redacción
O Servizo de Emerxencias do 112 recollía unha chamada dun particular sobre as 5.00 horas deste sábado 19 alertando da saída de vía dun turismo na curva coñecida como Volta da Pedra en Caldas de Reis, un punto negro no que se rexistran numerosos accidentes.
Ata alá dirixíronse axentes da Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Caldas e de Cuntis, pero ao chegar ao lugar encontráronse co vehículo encaixado contra un viñedo tras derrubar un sinal de tráfico e sen ninguén no interior.
A persoa que pilotaba o vehículo, un Mercedes, escapárase do lugar sen deixar rastro tras arrasar varios metros da parra e golpear contra un dos postes da plantación.
Os efectivos que acudiron ata o lugar sospeitan que o condutor posiblemente abandonara o turismo tras romper os cristais das xanelas xa que as portas se encontraban atascadas e inamovibles tras o impacto.
A Garda Civil iniciou unha investigación para intentar localizar o condutor do vehículo despois de comprobar que non había ningunha persoa ferida nos arredores. O coche sufrira danos importantes e foi retirado ao longo desta xornada do sábado.