A Plataforma Non Crematorios interrompe o pleno de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Tal e como anunciaran os membros da Plataforma Non Crematorios de Pontevedra acudiron ao Pleno municipal coa intención de "obter respostas e facerse oir".
Ao pouco tempo de arrancar a sesión o voceiro da plataforma, José Antonio Ramírez, pediu a palabra. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recordoulle que a normativa impide ao colectivo intervir no pleno por non estar rexistrado e recordou que a cuestión que queren formulan xa foi debatida en varias ocasións neste mesmo foro.
Ramírez Amor anunciou que non faría falta que a súa plataforma se reúna cos políticos se estes durante o pleno responden a unha batería de preguntas que dos afectados. O alcalde reiterou que non había lugar para esta intervención retomando a orde do día do pleno.
Relacionadas:
-
A Plataforma 'Non Crematorios Pontevedra Leste' alerta da visita do xerente de Funespaña
Por Redacción |
-
Moderada satisfacción, salvo no PP, tralo encontro entre os partidos políticos e os 'anti-crematorios'
Por Alejandro Espiño |
-
A Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste asistirá ao pleno a pesar de negárselle a intervención
Por Redacción |