Dúas 'descuideras' detidas polo furto de seis teléfonos móbiles
Por Redacción
Dúas mulleres de 30 e 24 anos de idade, veciñas da Coruña e Poio, con antecedentes policiais, foron detidas por axentes da Policía Nacional como presuntas autoras dun delito de furto de seis teléfonos móbiles nun establecemento da capital.
Segundo figura na denuncia presentada o día 9 de maio, os feitos tiveron lugar sobre as 11.45 horas de cando accederon á tenda dúas mulleres e mentres unha delas entretiña unha das dependentas a outra dirixiuse ao expositor.
Nun momento dado cando o encargado accedeu á parte posterior do establecemento oíu como alguén abría as portas dos expositores e a rapaza que traballa na tenda saíu detrás das mulleres e requiriulles para que devolvesen o que subtraeran, unha delas devolveulle un teléfono da tenda que estaba de exposición.
Posteriormente o encargado e a dependenta, unha vez dentro da tenda decatáronse de que faltaban outros seis teléfonos móbiles máis da zona de exposición do establecemento.
O valor dos teléfonos móbiles subtraídos alcanza un valor de 1.695 euros.
Segundo informan fuentes oficiais da Comisaría de Pontevedra, as presuntas autoras da subtracción foron identificadas polos axentes e detidas o día 18 de xullo ás 09.20 horas da mañá por un delito furto.
Relacionadas:
-
Chamada de atención á cidadanía ante o aumento de furtos en verán en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Deteñen dúas persoas como presuntas autoras de furtos na praia fluvial de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Furta unha tarxeta para levarse máis de 1.700 euros das contas bancarias e mercar un móbil de 500 euros
Por Redacción |
-
Deteñen un caco que roubaba aos pais mentres deixaban os seus fillos na gardaría
Por Redacción |