As mellores camisetas do Albariño repartiranse 600 euros en vales de compra
Por Redacción
As peñas participantes na LXII Festa do Albariño optarán a repartirse un montante global de 600 euros en vales compra da asociación de comerciantes Zona Centro se gañan algún dos premios do concurso de camisetas que vén de convocarse.
Os que queiran inscribirse neste concurso deben acudir ás oficinas da asociación, na rúa Ourense número 8, de 9 a 14 horas. Teñen de prazo ata o venres 1 de agosto. Os concursantes deberán deixar depositada unha camiseta para sometela ó criterio do xurado.
A peña gañadora do primeiro premio percibirá un premio de 300 euros en vales compra de Zona Centro. A peña do segundo premio recibirá 200 euros en vales, e a do terceiro cobrará 100 euros para gastar nos comercios cambadeses.
Dende a organización animan a todos os peñistas a participar neste concurso, que prima a creatividade e a orixinalidade ademais de redundar en beneficio da troula e do divertimento na semana grande albariñense.
Relacionadas:
-
Arrancan en Cambados os días grandes dos albariñenses
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Satoru Satoh, embaixador do Xapón en España, será investido cabaleiro do Albariño
Por Redacción |
-
O Albariño reúne a Café Quijano, Edurne, Kiko Veneno, Iván Ferreiro, Delafé y Las Flores Azules e Juan Magán
Por Redacción |