As estradas da comarca rexistran catro accidentes con feridos
Por Redacción
O 112 informou de catro accidentes con feridos sucedidos este mércores noutros tantos accidentes rexistrados en Pontevedra, Sanxenxo e Poio.
O primeiro deles tivo lugar ás dez da mañá e consistiu nunha colisión múltiple nas Corbaceiras, no semáforo situado fronte ao edificio da Autoridade Portuaria. O servizo de emerxencias explicou que tres coches colidiron por alcance. O 061detalló que como consecuencia do choque un mozo de 24 anos, tivo que ser trasladado ata o Hospital Miguel Domínguez.
Ás 13.00 horas na PO-531, o 112 deu conta doutro accidente acontecido fronte ao polígono comercial do Vao. O motorista resultou ferido tras colidir contra un vehículo, sendo trasladado a un centro hospitalario.
En Sanxenxo, ás 14,25 horas informouse dunha colisión frontolateral na PO-308 na Granxa, con dúas persoas trasladadas en ambulancia.
E ás 16.00 horas na Barca, Poio decatouse dun último accidente de tráfico cun ferido.