María José Rodríguez Teso e Rafael Domínguez arrouparán a Jacobo Moreira á fronte do PP local
Por Redacción
María José Rodríguez Teso e Rafael Domínguez serán as dúas persoas de maior confianza para Jacobo Moreira dentro do novo comité executivo local do Partido Popular en Pontevedra. Así se desvelou tras a reunión constituínte deste órgano do partido, celebrada na noite do luns na sede popular da rúa Oliva.
Rodríguez Teso, actual vicevoceira do grupo municipal do PP no Concello de Pontevedra, ocupará a secretaría xeral do comité executivo que resultou elixido no recente congreso local. Xunto a ela, Rafael Domínguez exercerá de tesoureiro, un cargo no que substitúe a Lupe Murillo, a persoa que ostentaba a devandita responsabilidade na executiva de Telmo Martín.
Na xuntanza concretouse tamén o organigrama que terá o partido a partir de agora. Ademais dos cargos de presidente, secretaria xeral e tesoureiro, haberá vicesecretarías de asuntos xurídicos, relacións con asociacións veciñais e colectivos, e de procesos electorais
A maiores, formaranse comités de emprego, economía e comercio, acción política, urbanismo e ordenación do territorio, obras públicas, educación, políticas sociais, cultura e festas, deportes, servizos públicos, novas tecnoloxías, e comunicación e turismo. Outros órganos serán o consello asesor, a oficina do cidadán e o valedor do afiliado.
Relacionadas:
-
O Partido Popular fai súas as reivindicacións da asociación de veciños "O Chedeiro"
Por Redacción |
-
O PP de Pontevedra comeza a elaboración do seu novo programa electoral
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira, novo presidente local do PP co obxectivo de "devolver Pontevedra a los pontevedreses"
Por Natalia Puga |
-
Jacobo Moreira, próximo presidente local do PP: "Me haría mucha ilusión ser candidato a la alcaldía de Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |