O Día da Policía, con nome propio, da viúva dun condecorado a un 'heroe' de 93 anos
Por Natalia Puga
Genma Larriba desatou o grande aplauso da festividade do Día da Policía en Pontevedra. A medida que subía as escadas que conducen ao escenario do Centro Social Novacaixagalicia coa súa filla de catro meses no colo o público íase levantado. Cando o comisario xefe da Policía Nacional, Guillermo Sánchez, lle impuxo ao bebé a condecoración, todo o auditorio estaba en pé e aplaudindo, algún que outro con bágoas nos ollos.
Genma Larriba non é policía, pero foi a protagonista da xornada. O seu marido, José Manuel Rodríguez Piedras, érao. Faleceu en verán por unha grave enfermidade, tan só tres días despois de que nacese a súa filla Lucía. O Ministerio do Interior aceptou concederlle a Cruz ao Mérito Policial a título póstumo proposta polos seus compañeiros e mandos policiais e a súa viúva, a pesaes do mal momento que está a atravesar, aceptou ir en persoa a recollela.
Subiu ao escenario visiblemente emocionada e trasmitió a súa emoción aos presentes. Xa entre o público, recordaba emocionada ao seu marido, que tan só puido tocar a súa filla antes de falecer, e agradecía que, "despois de tantos anos como policía, lle desen este mérito".
A súa persoa representa o espírito de todas as Medallas ao Mérito Policial entregadas polo día do seu patrón, os Santos Custodios, coas que se premia a dedicación dos axentes en acto de servizo, pero tamén "a sus familias, sin las que no sería posible nuestro trabajo", como recordaba o comisario xefe.
O subdelegado do Goberno, Antonio Coello, eloxiou a uns e outros recordando que este patrón "debe tener también como objetivo recordarnos a todos que, ustedes, miembros de la Policía Nacional, son un pilar básico en nuestra sociedad. Una sociedad que no sería lo que es sino fuera por su trabajo y su profesionalidad".
Asento privilexiado para un policía xubilado tras 32 anos de servizo
José Ramón Fernández Álvarez é outro dos nomes propios desta homenaxe 2012 na que os policías nacionais falecidos en acto de servizo o pasado xaneiro na praia coruñesa de Orzán recibiron unha sentida homenaxe dos seus compañeiros. Este xubilado do Corpo de 93 anos recibiu unha condecoración especial.
Presenciou o acto nun asento privilexiado á esquerda das autoridades policiais e xudiciais que o presenciaron. Un recoñecemento aos 32 anos de servizo (1943-1975), que nos seus anos previos á xubilación estivo destinado en Pontevedra, pero tamén desempeñou o seu labor profesional na fronteira con Francia ou na Rúa de Petín (Ourense).
Acto con carácter reivindicativo
Os policías pontevedreses celebraron o seu día coa mirada posta nos seus 'heroes' de 2012, pero sen esquecer a situación que atravesan como traballadores públicos en tanto que afectados por reducións de soldo, de persoal e de recursos. Representantes do Sindicato Unificado de Policía (SUP) puxeron a nota discordante do acto reivindicando que "ante este Gobierno que nos ha engañado, que han mentido, que no cumplen sus promesas, y que si parecía casi imposible superar en errores a los anteriores gobiernos socialistas en los meses que lleven en Interior lo están consiguiendo sobradamente".
Unha decena de traballadores irromperon no acto cun acto simbólico, pegando nas súas camisetas o lema 'Robo a la Policía'. Con este xesto e un manifesto feito público horas antes denunciaron que"hay nepotismo, amiguismo, enchufismo, sectarismo, corruptelas, y no hay rigor, profesionalidad, respecto a los procedimientos establecidos y entre ellos, a las organizaciones sindicales que deben velar por el respeto de los derechos de los miembros de la Policía".
Descenso da delincuencia
O comisario xefe e o subdelegado do Goberno de Pontevedra, Antonio Coello, puxeron o contrapunto a estas críticas. O primeiro recoñeceu que "vivimos tiempos especialmente complejos, difíciles", pero arengou a todo o corpo e pediu "respeto por nuestro trabajo de cumplir y hacer cumplir la ley".
Antonio Coello apovechó para recordar que a xornada festiva, "también debe servir como punto de encuentro entre la Administración, las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y la sociedad civil". E para poñer cifras ao labor policial: "Las cifras nos indican que estamos en el buen camino. Nuestra provincia, de enero a junio de este año, registró un 5,6% menos de delitos y faltas con respecto al mismo período de 2011, incluso por encima de la media gallega que se sitúa en el -3 %".