Marín arranxará seis rúas do municipio cos 75.000 euros que recibirá da Deputación
Por Redacción
Case 75.000 euros recibirá o Concello de Marín da Deputación de Pontevedra para proceder a realizar obras para adecuar, mellorar e conservar varios céntricos viais da vila. Así o acordou a última Xunta de Goberno da institución provincial.
En concreto, trátase das rúas de Concepción Arenal, Carballiño, Barriada da Cañota, Ezequiel Massoni, Recamán e República Argentina, que percorren o centro ata os lindes con Pontevedra.
As obras consistirán nun novo asfaltado e na sinalización vertical e horizontal de todas elas. A maiores, colocaránse dous badéns na rúa Concepción Arenal, para reducir a velocidade do tráfico rodado e garantir a seguridade dos peóns.