A arte urbana ilumina a cidade
Por Juan Mejuto
A ponte da avenida de Vigo sobre Eduardo Pondal foi o lenzo elixido para poñer en marcha os "Vieiros de luz". Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra con perspectivas de iluminar a cidade.
Da man de Portal48 e Producións Mutantes este luns arrancaron cun proxecto "moi ilusionante" un taller gratuíto de pintura en cerámica, que pretende deixar unha pegada artística na cidade, poñendo en valor algúns espazos urbanos.
Durante tres días todos os que se quixeron sumar este proxecto colaboraron na elaboración de dous murais.
Os autores deste traballo afirman que a experiencia foi reconfortante e destacaron a grande acollida que tivo a súa obra entre os veciños da zona.