Francisco Javier Menéndez seguirá á fronte da Audiencia Provincial de Pontevedra
Por Redacción
O Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial reelixiu este xoves ao maxistrado Francisco Javier Menéndez Estébanez como presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, cargo que vén desempeñando dende maio de 2009.
Francisco Javier Menéndez obtivo o apoio dos 21 membros do Pleno.
O presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra naceu en Xixón en 1965 e ingresou na carreira xudicial en 1992. ÿ especialista en mercantil dende 2004, data da primeira promoción da devandita especialización. Exerceu nos xulgados de primeira instancia e instrución único de Llanes (Asturias) de xuño de 1992 a outubro de 1993, e número 1 de Tolosa (Guipúscoa) ata xuño de 1998.
Ascendeu a maxistrado en 1998, pasando a exercer no xulgado de primeira instancia 4 de Pontevedra ata o ano 2005, cando pasou a exercer na Audiencia Provincial de Pontevedra, na súa sección primeira, especializada en asuntos do mercantil.
En maio de 2009 tomou posesión do cargo de presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, que exerce na actualidade e para o que foi reelixido.