O luns comeza a reparación da ponte peonil da Xunqueira de Alba
Por Redacción
A Concellaría de Medio Ambiente inicia este luns 28 de xullo os traballos de rehabilitación integral da pasarela peonil da Xunqueira de Alba que se atopa pechada ao tránsito de peóns debido á súa perigosidade. Aínda que se manterán os elementos de suxeción da ponte, acordouse substituir todos aqueles que se atopan en avanzado estado de podredume: valado, travesas, vigas, entre outros.
En torno as 10.30 horas do luns, un camión de grandes dimensións chegará á Xunqueira de Alba para descargar as pezas de gran tamaño (vigas curvas de até 9 metros entre outros elementos), e un trailer grúa anclará a ponte para garantir a súa seguridade e suxeción durante estes traballos.
Durante unha semana, aproximadamente, substituiranse as travesas do chan, as vigas en curva da ponte e tamén a balaustrada da ponte, dado que moitos destes elementos atópanse nun importante estado de deterioro.
As pezas, -todas de madeira- foron construídas nestas últimas semanas nunha fábrica e trasládanse xa rematadas até a Xunqueira para facilitar o tránsito peonil entre ambas marxes do río Rons e da Xunqueira.