Retiran 290 quilos de lixo na terceira xornada de limpeza do Gafos
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Vaipolorío completou este domingo a terceira xornada de limpeza do curso do río Gafos. Para esta actividade contou co apoio de 14 voluntarios distribuídos en tres grupos que retiraron do leito do Gafos 290 quilos de lixo, aproximadamente.
Logo de 14 anos limpando a canle deste río aínda segue aparecendo lixo esparcida por todo o curso, nesta ocasión xunto aos "habituais" restos de obras ou pneumáticos apareceron outros residuos como un monitor de ordenador ou uns prismáticos.
Desde Vaipolorío animan a todas aquelas persoas concienciadas sobre a importancia de conservar a natureza a que se animen a participar o vindeiro domingo 3 de agosto nunha nova xornada de limpeza "bótalle unha man ao río".