O Festixeve reivindica a romaría clásica
Por Diego Torrado
Aire libre, música e comida, non é ningunha fórmula secreta, pero sen dúbida é un modo sinxelo de facer que unha festa sexa un éxito. Eses son os ingredientes do Festixeve.
O Campo de Vilar de Fragoso acolleu diferentes actividades para todas as idades ao longo da fin de semana. Inchables para o público infantil, unha charanga para amenizar a tarde e ás 22.30 horas arrancou a verbena galega coa música tradicional de Malvela, a pachanga galega de O Sonoro Maxín e un DJ.
En canto ás viandas, cada quen trouxo as súas. Que mellor que a comida da casa.