Novos cofrades na Orde da Cigala
Por Diego Torrado
Catorce novos cofrades ingresaron esta fin de semana na Orde da Cigala. O nomeamento produciuse no marco da popular festa gastronómica que acolleu a praza do Regueiro.
Unha comitiva da cidade portuguesa de Matosinhos sumouse este ano á festa que tamén tivo un recordo emotivo para os mariñeiros falecidos no mar.
Os novos cofrades da Orde son: José Patricio, José Muñoz, Luis Álvarez, Severino González, José Izaguirre, Juan Díaz, Ricardo Fonseca, Luis Cebrián y Emilio Santamaría. También foron condecoradas las autoridades portuguesas Noemi Correia, Luis Sousa, Fernando Pereira, Pedro Valente; e a deputada provincial Marta Iglesias que destacou o carácter internacional desta festa e a súa contribución á economía na comarca.
Pola súa banda, a alcadesa María Ramallo destacou o efecto positivo que este tipo de actos teñen en sectores como a hostalería e o turismo.
Finalmente, o presidente da Orde da Cigala de Marín, Antonio Reguera, eloxiou a calidade do produto e recordou o arraigo desta tradicional cita gastronómica.