Ratifican a adxudicación a Covsa e EC Casas das obras de desdobramento da Avenida de Vigo
Por Alejandro Espiño
A Xunta de Goberno del Concello de Pontevedra aprobou este luns a adxudicación á UTE formada polas empresas Covsa e EC Casas das obras de desdobramento da Avenida de Vigo. Avalan así a proposta realizada a pasada semana pola mesa de contratación. Será por unha cantidade máis baixa da anunciada hai uns días. Finalmente, investiranse nestes traballos, financiados polo Concello e o Ministerio de Fomento, 3.782.000 euros.
A cantidade publicada, os 4,1 millóns de euros, correspondían ao prezo inicial de licitación e segundo explicou Raimundo González, había que restarlle a rebaixa do 9% ofertada pola proposta gañadora, neste caso a UTE das dúas empresas pontevedresas.
Ambas as dúas compañías asumirán, sen que custe un só euro ás administracións públicas que financian o proxecto, as melloras ofertadas e valoradas no seu conxunto en 1,1 millóns de euros. Servirán para remodelar o primeiro tramo da vella Avenida de Vigo, reformar a rúa Estación, dar continuidade á senda do Gafos en dirección ao Nó do Pino, ampliar a rede de pluviais na zona, crear varios pasos elevados ou mellorar as conexións peonís.
Ademais, a Xunta de Goberno avalou a decisión tomada pola mesa de contratación de excluír a oferta de Ferrovial, tras coincidir en que se trataba dun proxecto que, economicamente, era "desproporcionado e inexecutable", ao incorrer en baixa temeraria.
OBRAS EN ALCALDE HEVIA E A AVENIDA DE VIGO
Raimundo González avanzou ademais que, a partir do 31 de xullo, comezarán a executarse obras de separativa de pluviais e fecais na rúa Alcalde Hevia. Durarán dúas semanas e servirán para mellorar a rede de saneamento en toda esta zona. Nos últimos días coincidirán con traballos similares que se realizarán na confluencia da Avenida de Vigo con Fernández Ladreda e a rúa Estación. Son traballos que asume a empresa Viaqua.
Relacionadas:
-
A maleza xa deixa ver o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Os veciños coñecerán en setembro as melloras na Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
Comezan as obras para o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
As obras de desdobramento da Avenida de Vigo xa teñen data: empezarán o 25 de agosto
Por Redacción |
-
Covsa-EC Casas desdobrarán a avenida de Vigo por 4,1 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas ofertas do desdobramento da Avenida de Vigo son "anormalmente baixas", segundo os técnicos
Por Redacción |