31 de outubro, data máxima para coñecer o candidato de Compromiso por Galicia en Pontevedra
Por Redacción
Compromiso por Galicia anunciou este domingo que concorrerá ás eleccións municipais de 2015 na cidade de Pontevedra. Será cun candidato propio ou ben cun referente dentro dunha coalición. Así o avanzou o seu secretario xeral, Xoán Bascuas, que presentou o regulamento que o seu partido porá en práctica para elixir aos candidatos. Será, en todo caso, con primarias abertas á cidadanía.
ÿ, segundo destacou Bascuas, "o maior exercicio de democracia cidadá vivido ata o de agora en Galicia". O líder de Compromiso por Galicia sinalou que "cómpre seguir a construír unha organización con paredes e vidro e onde a veciñanza sexa en última instancia quen teña a palabra".
Neste sentido, Xoán Bascuas indicou que estas primarias abertas escollerán ao candidato á alcaldía nos lugares onde Compromiso se presente en solitario, ou á persoa referencial da organización nas listas electorais onde se presenten en coalición, e terán condición de electores e elixibles persoas afiliadas, simpatizantes ou cidadáns que asuman os principios programáticos básicos.
O período no que se ten que desenvolver todo o proceso de primarias abertas e elección de candidatos ás vindeiras eleccións municipais comprenderá desde o 1 de setembro ata o 22 de abril do 2015, agás nas sete grandes cidades, que será dende o 1 de setembro ata o 31 de outubro deste ano, debendo estar nesa data elixidas as persoas que encabecen as candidaturas ou persoas referenciais nestas cidades.
O regulamento tamén recolle outros aspectos como que poderán votar os maiores de 16 anos, e que non se permitirá presentarse a persoas imputadas, dando cumprimento ás chamadas listas brancas propugnadas pola organización galeguista.
Relacionadas:
-
Pilar Dopazo presentarase ás primarias de Compromiso para a alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |
-
Marea e Compromiso por Galicia avanzan na súa folla de ruta cara ás municipais en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Espazo Ecosocialista propón crear unha candidatura cívica "para o cambio político real" nas municipais de 2015
Por Natalia Puga |
-
UPyD anuncia que presentará unha candidatura "solvente" á alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |