Fernando Abilleira, dende Lérez ata Marte: "El cielo es el límite"
Por Diego Espiño
Creceu en Madrid e leva moitos anos en Estados Unidos, onde traballa nun dos centros da NASA, pero foi en Lérez, de onde era o seu avó, e a praia de Silgar, onde pasaba os veráns durante a súa infancia, dende onde se xeraron os seus soños.
Fernando Abilleira, responsable do deseño e navegación da misión InSight coñecida como a 'Misión a Marte', se encontra estes días en Pontevedra, o que aproveitará para impartir o mércores 6 de agosto dende as 20:30 horas no Teatro Principal unha conferencia sobre a súa experiencia na axencia espacial.
Abilleira centrará a charla no seu traballo no proxecto 'Curiosity', que logrou aterrar en Marte en 2012 e que supuxo "una prueba enorme de que cuando la mente humana se propone algo puede lograr cualquier cosa".
Esa misión, segundo o enxeñeiro da NASA, "hizo historia" pero, "¿para qué invertir tanto dinero en viajar a un planeta?. Fernando Abilleira respóndese a si mesmo: "ahora los científicos saben que Marte fue como la Tierra hace 3.000 millones de años y eso servirá para evitar que se repita lo que allí pasó".
A conferencia está dirixida a todos os públicos, aínda que Abilleira recoñece que é aos nenos aos que máis pode impresionar esta historia grazas ás imaxes que se mostrarán e porque recoñece, son os que soñan con viaxar ao espazo e realizar grandes cousas. Por iso recoméndalles que non se poñan barreiras porque "el cielo es el límite", asegura.
Relacionadas:
-
Fernando Abilleira, o 'pontevedrés' na NASA: A misión espacial ten un "futuro brillante"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Nasa, aquí Sanxenxo, me escoitas?
Por Redacción |
-
Marte e Pontevedra, máis preto que nunca grazas o enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
O responsable do deseño da 'Misión a Marte' da NASA impartirá unha conferencia en Pontevedra
Por Redacción |