Afectados polas preferentes rexeitan unha quita
Por Oskar Viéitez
O Banco de España anunciou que se aplicará un 39% de quita para NCG Banco. A entidade galega sinalou que a cifra dependerá do tipo de instrumento e do tipo de interese, así como que se calculará en función dunha nova valoración da entidade tendo en conta a súa recapitalización.
Esta noticia foi "mal recibida" polos afectados polas preferentes que trasladaron a súa "profunda preocupación" ás rúas de Pontevedra (pola tarde) e Marín (pola mañá) nunha nova xornada de protestas.
Estes afectados apostan por manter a arbitraxe e advirten de que, de deterse esta alternativa, acodirán á vía xudicial, "imos colapsar a xustiza".
Neste sentido chamaron aos responsables da Xunta a prolongar e "axilizar" as arbitraxes para que poida acollerse o maior número de afectados posible. Houbo un "pico" de actividade antes das eleccións, pero pasouse de 25 a oito árbitros e "os venres, ás veces, menos", denunciaron "somos máis de 43.000 os clientes con este tipo de produtos".