Os colectivos que alegaron contra a A-57 lamentan que se teñan "ninguneado" as súas reclamacións
Por Redacción
Vaipolorío, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a asociación Lobo, a plataforma Salvemos a Fracha e as asociacións de vecinos e comunidades de montes de Vilaboa e Figueirido lamentan que a Secretaría de Estado de Medio Ambiente teña "ninguneado" todas as súas reclamacións cando alegaron contra o primeiro tramo do proxecto da autovía A-57 entre Vilaboa e A Ermida (Marcón).
Son todos os colectivos que alegaron ao proxecto da autovía A-57 entre Vilaboa e A Ermida (Marcón) no periodo de exposición pública do Estudo de Impacto Ambiental e decidiron unirse para manifestar o seu rexeitamento conxunto ao contido da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable aprobada pola Secretaría de Estado de Medio Ambiente sobre o proxecto do Ministerio de Fomento e que ignora todas as peticións realizadas para a súa consideración.
Denuncian que a Declaración de Impacto Ambiental se publicara no BOE en pleno mes de agosto (saiu publicado o venres 8) e o seu contido aínda non teña sido comunicado de forma oficial a todos os colectivos que se opuxeron ao proxecto.
Despois de estudar o seu contido, todos se reafirman na súa postura contraria á construcción da A-57 e piden a retirada do proxecto e, como alternativa, que os 84 millóns de euros orzamentados (á marxe das expropiacións e outros servizos como a vixilancia das obras, xa licitada), se destinen á liberalización da peaxe da AP-9, que si respondería ás necesidades de comunicación entre Vigo e Pontevedra e axilizaría o tráfico de acceso a Pontevedra e Vilaboa.
Vaipolorío, a SGHN, a asociación Lobo, Salvemos a Fracha e os veciños e comuneros de Vilaboa e Figueirido rexeitan o proxecto de autovía
Os afectados sinalan un comunicado conxunto que "xa auguraban que a DIA resultaría favorable ao proxecto, pero lamentan que se teñan ninguneado as súas reclamacións". O contido da declaración non responde ás súas peticións e tampouco ás das dúas Administracións públicas que alegaron contra este tramo da A-57, os concellos de Vilaboa e Pontevedra. Tamén se opuxeron seis comunidades de usuarios, o Tecor Pontevila e catro particulares e a declaración non ten en conta o contido de ninguna delas.
O principal malestar dos colectivos alegantes é que o proxecto se considere ambientalmente viable a pesar de que os distintos organismos aos que se pediron informes recoñecen o impacto na hidroloxía, a flora, a fauna, o patrimonio e a paisaxe.
Ao respecto, indican que o Ministerio de Medio Ambiente non cuestiona en ningún momento o proxecto presentado polo Ministerio de Fomento e "a única resposta que da ás distintas afeccións expostas é que se van facer estudos e medidas correctoras". Ademais, non ten en conta as argumentacións dos afectados en canto ás anomalías detectadas na tramitación do proxecto.
Un dos principais impactos contra os que se alegou na fase de exposición pública do Estudo de Impacto Ambiental é a hidroloxía. A pesares de detallárselle a afección nos cursos fluviais afectados e os numerosísimos pozos e acuíferos explotados para uso particular (regadío e abastecemento doméstico) a maioría deles ignorados no estudo ambiental, a resposta do Ministerio difire esta importante cuestión limitándose a sinalar que o proxecto construtivo incluirá un estudo completo de concas e dos posibles efectos sobre os puntos de auga identificados.
Ademais, non fai referencia a unha afección que todos os colectivos afectados ven no Camiño de Santiago e no Camiño dos Arrieiros e que ven que quedan desprotexidos. Destaca que paradoxicamente as distintas Administracións públicas están a facer grandes investimentos para potenciar o Camiño e ignoran que o proxecto da A-57 "prexudicará tanto ao trazado da propia ruta xacobea como á paisaxe e deixará notablemente afectado este ben inmaterial".
Relacionadas:
-
Esquerda Plural esixe no Congreso a paralización da autovía A-57 e a liberalización da AP-9
Por Redacción |
-
A Fracha di non ao "capricho político" da autovía A-57
Por Redacción |
-
Convidan a 'tomar A Fracha' este domingo contra a autovía A-57
Por Redacción |
-
Os comuneiros de Marcón deciden en asemblea apoiar as reivindicacións de Salvemos a Fracha
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' levará á vía xudicial o proxecto da autovía A-57
Por Redacción |
-
Os Presupostos Xerais do Estado inclúen 25 millóns para a autovía A-57 en 2015
Por Diego Espiño |
-
Salvemos A Fracha achega á cidade as "cores e sabores" ameazadas polo paso da A-57
Por Redacción |
-
A cabalo para defender o monte da Fracha da A-57
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ana Pastor asegura que non se moverá "ni un arbusto" para construír a A-57 sen ter o visto bo ambiental
Por Alejandro Espiño |
-
'Salvemos a Fracha' continúa a rolda de asembleas informativas por todo o trazado da futura A-57
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' fai unha chamada aos veciños de Pontevedra e Vilaboa para frear o proxecto da A-57
Por Redacción |