Condenan a dous anos de cadea ao camioneiro que atropelou un ciclista no Nó do Pino
Por Natalia Puga
O camioneiro que o 6 de agosto de 2010 atropelou e matou ao pontevedrés José Alberto Ríos Vázquez no Nó do Pino recoñeceu no xuizo que foi responsable do accidente mortal e aceptou ser condenado a dous anos de cadea como autor dun homicidio por imprudencia. O xuiz fixo uso da súa capacidade para dictar sentencia no acto e xa condenou ao procesado.
A acusación particular exercida polos pais da vítima solicitaba para Víctor S.Q.X.S., de 33 anos e veciño de Arouca, no distrito portugués de Aveiro, tres anos e medio de cadea ao consideralo responsable tamén dos delitos de omisión do deber de socorro, desobediencia grave e condución temeraria. No acto do xuizo, retirou a acusación por estas tres infraccións penais e aceptou que so fora condenado a dous anos polo homicidio imprudente, ademais de á privación do permiso de conducir durante un ano.
Tamén a acusación exercida por un dos gardas civís que participou na detención do procesado modificou a súa petición de condena. A letrada da defensa cambiou o relato dos feitos concluindo que o procesado non se resistiu á detención, de maneira que só o considera autor dunha falta de lesións. Por estes feitos, na sentencia xa dictada polo xuiz recolle unha condena dun mes de multa a razón de 8 euros diarios e unha indemnización de 2.500 euros polos 58 días que tardou en curar das feridas sufridas.
Os feitos cos que se conformou o procesado producíronse sobre as 8.30 horas da mañá no vial que unía as dúas rotondas que por aquel entón conformaban o Nó do Pino. O acusado conducía un camión Volvo cando arrastrou un home que ía en bicicleta e en lugar de deterse seguiu a marcha ata que foi interceptado pola Garda Civil de Tráfico en San Adrián de Cobres (Vilaboa).
"Sí" foi a única palabra que se lle entendeu ao procesado durante a vista oral celebrada no Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra. Referíase a tres preguntas que lle formulou o xuíz unha soa resposta: Recoñécese autor dos feitos? Confórmase cos feitos como están relatados? Confórmase coas penas que lle piden? Sí que intercambio máis frases co interprete que o asistía e lle traducía ao portugués o contido do acordo ao que chegaron a súa defensa e o fiscal e dous avogados a acusación, pero caracterizouse en todo momento pola prudencia á hora de elevar en alto as súas palabras.
"ÿl ha reconocido que es un asesino", relata a nai da vítima
A presenza tanto na sala como nos corredores do xulgado da familia da vítima foi un dos factores que máis cortou ao procesado. Chegou dez minutos máis tarde da hora para a que estaba previsto o inicio do xuizo, as 9.30 horas, e en canto apareceu pola porta dos xulgados da Parda os pais, irmá e fillo da vítima non lle quitaron ollo. A nai do falecido, María Luisa Vázquez, mesmo tivo un intento de achegarse a el, que agardaba o inicio da vista sentado nun banco, pero o seu neto logrou detela.
A tensión que se viviu no corredor intensificouse cando se deu a coñecer o acordo entre as partes. A pesares de respaldar ao seu avogado, Juan Carlos Cabada, e o ac ordo ao que chegou, a muller non ocultou o seu descontento coa redución da condena que finalmente se lle impuxo ao procesado.
O home non tiña antecedentes previo ao siniestro mortal do Pino e xa permaneceu máis de dous meses en prisión preventiva, de maneira que se ceibará de entrar na cadea. "ÿl ha reconocido que es un asesino. Para mí sigue siendo un asesino que se llevó a mi hijo, pero la ley es así, no va a la cárcel y debería ir", indicou ao término do xuizo. O seu avogado explicou que non se tería podido acreditar que cometeu un delito de omisión do deber de socorro porque o home faleceu no momento e o lugar do sinistro estaba cheo de testemuñas.
"Hasta en eso es un sinvergüenza, esperaba que pidiese perdón, sobre todo, al hijo"
A muller, que acude cada día a visitar a tumba do seu fillo no cemiterio de San Amaro acompañada do seu marido e mesmo houbo unha tempada na que comía diante do panteón, eloxiou ao falecido ("era un ángel") e cuestionou a conduta do condenado no xulgado. "No ha pedido perdón. Yo no se lo iba a dar, pero hasta en eso es un sinvergüenza, esperaba que pidiese perdón, sobre todo, al hijo", criticou.
A familia do falecido xa foi indemnizada pola aseguradora do camioneiro, 9.000 euros para os pais e 250.000 para a viúva e os dous fillos. Os cartos non axudaron a paliar a dor pola pérdida. "Han matado a mi hijo y a nosotros nos está matando poco a poco. Llevamos dos años en un calvario", relatou. A mesma sensación extrapolouna ao seu neto e orfo do falecido, José Alberto Riós Vilela, que acaba de cumprir 18 anos e estuda en Madrid, mais quixo coller un avión "para presenciar el juicio por la muerte de su padre".
Relacionadas:
-
Os pais do ciclista atropelado no Pino recuperan a indemnización, atrapada nas preferentes
Por Natalia Puga |
-
Senta no banco dos acusados o camioneiro que atropelou un ciclista no Nó do Pino
Por Redacción |
-
O camioneiro que atropelou e matou a un ciclista no Pino enfróntase a tres anos e medio de cadea
Por Natalia Puga |