San Migheleiro enche de cor as rúas e bares de Marín
Por Redacción & Diego Torrado
Esta vez si o veranciño de San Miguel acompaña e centos de mozos gozan dende primeira hora do sábado do popular Maratón San Migheleiro en Marín.
Máis de 40 locais de hostalaría involucráronse este ano na celebración, na que os participantes locen a tradicional camiseta de raias e realizan a súa particular peregrinación por diferentes zonas da vila en función da hora.
A xornada conta coa animación dunha charanga pola mañá e un grupo de batukada durante toda a tarde acompañando a ruta.
A deste ano é a primeira edición na que os hostaleiros apostan ademais por un modelo de camiseta único nos seus locais coa intención de dar maior unidade e imaxe ao San Migheleiro.
Relacionadas:
-
Marín celebra o 25 aniversario da Festa de San Migheleiro
Por Redacción |
-
O San Migheleiro cumpre 25 anos
Por Redacción |
-
Marín revive preto de catro séculos de tradición coa Danza das Espadas na honra de San Miguel
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os bares de Marín ultiman os preparativos para a tradicional festa de San Migheleiro
Por Redacción |