Un lume desaloxa un kebab de madrugada na zona de marcha de Cambados
Por Redacción
As chamas irromperon de madrugada en pleno centro do batifondo nocturno de Cambados. Un restaurante kebab siutado na rúa das Infantas sufriu un incendio que obrigou a desaloxalo.
O lume iniciouse nos aseos do local, pero non se expandiron grazas á intervención dun cliente, que o sufocou con axuda dun extintor.
O incendio derivou na intervención da agrupación de Protección Civil de Cambados. Cando chegaron ao local o lume xa estafa sufocado, pero tiveron que airear o local para eliminar o fume que se acumulara no interior.