Dúas persoas feridas ao chocar o seu coche contra unha árbore
Por Diego Torrado
Dúas persoas resultaron feridas en Figueirido ao colisionar contra unha árbore o coche no que viaxaban.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112 o suceso produciuse ás 14:30 horas deste xoves na estrada que comunica as parroquias de Salcedo con San Xulián.
O BMW saíuse da vía impactando frontalmente contra unha árbore ao bordo dun terraplén.
Os feridos foron evacuados en ambulancia ao Hospital Miguel Domínguez.