Protesta do BNG no interior de Novagalicia Banco
Por Anxo Lourido
O voceiro nacional do BNG e varios dos seus representantes e militantes en Pontevedra realizaron unha protesta na sede de Novagalicia Banco na rúa Augusto González Besada. Primeiro concentráronse ante a porta e despois entraron na oficina bancaria. Minutos antes os afectados polas preferentes pasaron tamén por diante do edificio da Praza de San Xosé.
O BNG con este acto, segundo comentou Guillerme Vázquez, quere expresar "a súa protesta pola decisión da Unión Europea de liquidar Novagalicia Banco". Nste sentido apuntou que haberá milleiros de traballos perdidos, non se resolverán "os roubos dos estafados polas preferentes" e haberá pérdida na obra social e nos servizos bancarios para o rural galego. Vázquez indicou que "o dúo Feijóo e Rajoy buscan solucións diferentes para Bankia a quen lle permiten seguir como entidade mentres a Novagalicia Banco non". Os nacionalistas consideran que Galicia debe ter un sistema financieiro propio como Euskadi e Cataluña e Guillerme Vázquez sinalou que, con esta protesta, "non vamos baixar a cabeza ante unha decisión que é prexudicial para o país".
Por último, o portavoz nacional do BNG fixo referenza ao novo goberno da Xunta indicando que "non vai cambiar de política, non agardo nada positivo". E engadiu que "vai aplicar en Galicia a política de Rajoy e CIA. Hoxe podía pronunciarse ante un novo roubo das pensións e non o vai a facer. Nin é goberno nin é nada. ÿ un desastre para o país e se non ao tempo".