Condenan a un clan familiar por dar unha malleira a uns gardas civís
Por Redacción
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un ano de prisión e ao pago dunha multa de 180 euros a varios membros dunha familia de O Vao por resistencia á autoridade e agresión a dous gardas civís.
Os axentes procedían á detención de Manuel Salazar Montoya, cando foron golpeados por un grupo de ata vinte acodes, entre as que se atopaban unha das súas sobrinas e os seus tres irmás do detido.
Por estes feitos condenan por un delito de resistencia a seis meses de prisión ao acusado Manuel Salazar Montoya.
Ademais o tribunal condena por un delito de atentado en concurso real con dúas faltas de lesións, ás acusadas, ás penas dun ano de prisión para cada unha delas. E un mes de multa cunha cota diaria de tres euros.
En concepto de responsabilidade civil deberán indemnizar a un dos axentes na cantidade de 165 euros polas lesións causadas e na cantidade de 400 euros pola secuela e ao outro garda civil na cantidade de 200 euros por lesións.
Os feitos xulgados tiveron lugar na noite do 23 de xuño do 2009 cando unha patrulla da benemérita foi avisada para que mediase nunha pelexa familiar.
A sobrina e dúas irmás (unha delas sen estar presente na sala, senón por videoconferencia) recoñeceron os feitos e asumiron a condena durante o xuízo e a terceira irmá, Adela S.M.. que non acudiu á Audiencia senón que declarou por videoconferenca ao atoparse nun centro de acollida, negou os feitos, aínda que o tribunal a condena igualmente.