Marín saldará a débeda da auga con Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Este xoves celebrouse no Concello de Marín unha Comisión Informativa de urbanismo e facenda presidida polo concelleiro, Manuel Santos, na que se abordou o expediente sobre a débeda da auga co concello de Pontevedra.
O goberno marinense asegura que o devandito expediente será tratado este venres polo Pleno da Corporación para aprobar un das partes do acordo sobre a auga asinado entre os alcaldes de Marín e a capital.
Segundo informaron fontes municipais o expediente trata de regularizar as cantidades debidas polo cobramento da auga ao Porto dende Marín e que Pontevedra reclama, xa que antes era Pontevedra o que subministraba ao Porto.
A factura foi presentada por Pontevedra no mes de agosto e será o Pleno da Corporación que a recoñeza para poder pagala, ao tratarse de débeda doutros exercicios presupostarios.
Os concelleiros da oposición non apoiaron a proposta.
O concello de Pontevedra vén prestando o servizo de abstecimiento de auga aos concellos de Marín, Poio, Sanxenxo e Bueu.
Dende o ano 2000 e posteriormente 2004 os concellos de Marín e Pontevedra teñen asinados convenios acerca do prezo polos metros cúbicos que se consumen de uso doméstico en Marín. Ata ese momento non se articulara ningún modelo de xestión compartida como pode ser un consorcio ou mancomunidade para o efecto.
O concello de Pontevedra veu facturando a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra polo servizo de abastecemento de auga en virtude da súa propia Ordenanza Fiscal cunha tarifa por uso industrial.
Relacionadas:
-
Marín espera saldar a débeda da auga en xaneiro de 2015 "como moi tarde"
Por Redacción |
-
Os socialistas de Marín advirten de que levarán ao Xulgado o acordo da auga con Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Fin á 'guerra da auga' entre Pontevedra e Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra e Marín amosan a súa vontade de resolver o conflito do subministro de auga ao Porto
Por Alejandro Espiño |