A gran mazá está en Santomé
Por Diego Torrado
A parroquia de Santomé de Piñeiro celebra esta fin de semana a décimo sexta edición da Festa da Mazá e da Sidra. Para este certame gastronómico dispuxéronse máis de 5.000 quilos de mazás e preto de 3.000 litros de sidra.
Ademais da carreira popular "Pinga-Pinga" o programa inclúe numerosos alicientes como unha mostra cabalar organizada por "Cabaleiros de Marín" que inclúe unha carreira de burros, un concurso gastronómico, unha feira de vehículos agrícolas ou un campionato de billarda a cargo da Asociación Cultural Deportiva O Gharaboto.