A misión da Brilat en Mali aplicará medidas de prevención ante o ébola
Por Redacción
Uns 120 efectivos da Brigada Lixeira Aerotransportable Galicia (Brilat), a maioría pertencentes á base Xeneral Morillo de Pontevedra, despregaranse en Mali ao longo do próximo mes de novembro. Un labor para o que levan adestrando de xeito específico dende hai varias semanas.
A Brilat asumirá o mando da misión europea que consiste en instruír o exército de Mali para mellorar as súas capacidades na loita contra o terrorismo yihadista e protexer as instalacións das tropas africanas.
O xefe de Estado Maior da Defensa (Jemad), almirante xeral Fernando García Sánchez, sinalou que o Ministerio de Defensa aplica dende hai seis meses medidas de prevención ante o ébola entre os militares destinados en misións no exterior, especialmente entre os destinados en África.
O máximo responsable da cúpula militar recordou que España ten actualmente despregadas misións na República Centroafricana, Gabón, Senegal, Mali, Djibouti e Somalia.
Pola súa banda o xeneral xefe da Brilat, Luis Cebrián, sinalou que o virus do ébola ébola "no está como un riesgo detectado grave" na misión de Mali. "Ahora mismo están con la conferencia sobre salud y sanidad previa al despliegue y les habrán dado las recomendaciones correspondientes", precisou o xeneral.
Cebrián precisou que "el plan de instrucción" para esta misión "no está concluido", polo que o adestramento que levan recibindo os militares dende hai semanas continuará aínda este mes.
Case simultaneamente o desplegamento en Mali, un batallón da Brilat sairá con destino a Herat (Afganistán) dentro da operación Apoio Decidido auspiciado pola OTAN.
Relacionadas:
-
A Brilat regresará de Mali de xeito inminente
Por Natalia Puga |
-
A Brilat despedirá este xoves ao próximo continxente que irá a Afganistán
Por Redacción |
-
A Brilat asume en Afganistán a seguridade da Base de Apoio e aeroporto de Herat
Por Redacción |
-
Eles vanse contentos, os nervios quedan cos de casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os 90 militares da Brilat que asumirán a misión en Mali viaxarán en novembro
Por Redacción |
-
Funcionarios do cárcere da Lama piden medidas de prevención fronte ao ébola
Por Oskar Viéitez |
-
A Brilat planifica xa a operación 'Centinela Gallego' e en setembro comezará o seu adestramento para Mali
Por Natalia Puga |
-
A Brilat enviará 120 militares a Mali
Por Redacción |