A Escola Superior de Conservación impartirá un master da Universidade de Vigo
Por Redacción
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este mércores un convenio de colaboración a través do que a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia colaborará coa institución universitaria no Máster en Valoración, Xestión e Conservación do Patrimonio Cultural.
Parte da formación deste programa de estudos realizarase nas instalacións deste centro, cuxos profesores colaborarán na docencia do máster.
O alumnado da Escola terá prioridade para o acceso a estes estudos.
A Xunta considera que deste xeito queda demostrada a equivalencia co grao universitario dos títulos obtidos nas ensinanzas artísticas superiores, cuestión reafirmada pola nova Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).