Clece condenada a pagar máis de 40 mil euros aos limpadores do CHOP
Por Redacción
Clece, a empresa que tiña a adxudicación da limpeza no Complexo Hospitalario de Pontevedra foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a pagar máis de 300 euros a cada un dos traballadores.
A presidenta do comité de empresa, Encarna Cochón, afirmaba en rolda de prensa na sede de UGT que a firma de multiservizos descontaba un 1% na nómina coma se fosen funcionarios sen selo e, desta forma, Clece debíalles catro anos e agora a nova adxudicataria, Limpisa Grupo Norte, os últimos 8 meses. Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT afirmaba que "Limpisa Grupo Norte terá que suxeitarse a esta sentenza e aplicar de forma subsidiaria as condicións establecidas por esta sentenza a partir de abril cando se lle adxudicou a concesión".
Os traballadores teñen ademais outras demandas interpostas con Clece por cantidades adebedadas por nocturnidade, festividade e por carreira profesional.
Segundo afirmou Encarna Cochón, actualmente Limpisa Grupo Norte conta con 122 traballadores da limpeza no Complexo Hospitalario de Pontevedra repartidas entre Montecelo e o Provincial.