Detidos en Vilagarcía dous presuntos maltratadores
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional de Vilagarcía detiveron nas últimas horas a dous homes como presuntos autores de senllos delitos de violencia no ámbito familiar ao agredir ás súas parellas.
En ambos casos os feitos ocorreron no domicilio familiar.
Segundo fontes oficiais un dos detidos ademais da a súa esposa tamén agrediu á súa filla. Este home permanece detido nos calabozos da comisaría vilagarciana pendente de pasar a disposición xudicial.
O outro quedou en liberdade con cargos e cunha orde de afastamento.