A estatua de Colón recupera a súa man
Por Oskar Viéitez
A primeira hora da mañá deste xoves quedou instalada a réplica da man da estatua de Cristóbal Colón situada nos xardíns de Vincenti.
Coa supervisión do arqueólogo municipal, Xan Carlos Castro, a operación desenvolveuna un equipo multidisciplinar integrado polo director da Escola de Restauración e profesor de modelado, José Antonio Quinteiro, a profesora de Escultura, Cristina Montojo, a restauradora da empresa Tomos, María del Mar Sobrino, e un grupo de alumnos da Escola de Conservación.
Houbo que esperar a que o tempo acompañase para permitir o secado do adhesivo. Con todo houbo que perforar o brazo de mármore para introducir unha varilla de 19 centímetros que fixe a nova peza, que foi realizada mediante unha resina epoxídica que resiste as inclemencias meteorolóxicas.
ÿ unha peza lixeira, fabricada cun polímero termoestable que se endurece cando se mestura cun axente catalizador ou "endurecedor". A nova man pesa tres veces menos que a anterior, que tampouco era a orixinal do monumento.
Recordemos que a man fora mutilada nunha travesura escolar tras golpear a peza un estudante ao lanzar o seu mochila a finais do curso 1980-1981.
Os técnicos da Universidade de Vigo aproveitaron a ocasión para facer probas cun novo berniz co que protexer a escultura das inclemencias meteorolóxicas.
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, destacou que se fixo unha restauración integral, "recuperar a man non era o principal obxectivo. Queriamos resolver un problema de contaminación e deterioro da escultura".
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman a integración da Escola Superior de Restauración no sistema universitario
Por Redacción |
-
La huella de Pedro Madruga en Cristóbal Colón, de Ángel Carracelas
Por Oskar Viéitez |
-
A estatua de Colón xa está restaurada, pero sen a man
Por Redacción |
-
Colón sométese a un lifting completo
Por Natalia Puga |