Rouban un expositor con 1.800 euros en xoias dunha tenda de antigüidades
Por Redacción
Unha tenda de antigüidades da rúa Peregrina converteuse este martes no obxectivo dos ladróns. Alguén a quen os propietarios non lograron identificar lles levou un expositor cheo de xoias.
Segundo transcendeu, as pezas subtraídas están valoradas en 1.800 euros. Os propietarios descoñecen quen puido facer, pero si teñen as súas sospeitas. Minutos antes de que detectasen o roubo entraran na tenda uns clientes que lles pareceron sospeitosos.
Así llo fixeron saber a Policía Nacional. Os feitos aconteceron pouco antes das 13.00 horas na rúa Peregrina, unha patrulla desprazouse ao lugar e abriron unha investigación.
Unha tenda de telefonía móbil tamén se converteu en protagonista da crónica de sucesos do día na rúa Rosalía de Castro. Neste caso, os ladróns actuaron con máis violencia, romperon as ventá do escaparate, pero tiveron menos éxito no seu botín: quedou todo revolto, pero non se levaron nada.