Búscase anel de ouro con rubíes e esmeraldas. Razón: ladróns de Ribadumia
Por Redacción
Coma se fose un anuncio dos que se colgan nas estacións de tren ou aeroportos en busca de persoas desaparecidas ou delincuentes. Así podería colgarse o anuncio que resume o titular dun roubo perpetrado nunha vivenda de Ribadumia nos últimos días: "Búscase un anel de ouro con rubís e esmeraldas". A singularidade e valor do botín ben meréceo.
Segundo publica a edición de Arousa de Faro de Vigo, unha persoa denunciou na Garda Civil que este luns alguén entrou na súa vivenda de Sisenla (Ribadumia) fracturando a fiestra do dormitorio e se levou diversos obxectos e diñeiro. A xoia da coroa: o menciondo anel.
Os ladróns deixaron o cuarto revolto e os caixóns tirados polo chan e ao final lograron a súa substanciosa recompensa. Tamén se levaron un broche de ouro en forma de caracol con pedras de cores, unha cámara de fotos dixital e duns 50 euros en metálico.