Asaltan un adegueiro de Vilanova na súa casa e queimanlle os testículos
Por Redacción
Segundo publica La Voz de Galicia, un bodegueiro de Vilanova de Arousa de 67 anos sufriu na madrugada do luns ao martes un suposto axuste de contas relacionado co narcotráfico. Os seus autores serían tres encapuchados que o retiveron na súa casa de Ribadumia, agrediron e queimaron os testículos.
A vítima sería, segundo os datos achegados por Radio Pontevedra-Arosa, Luciano Núñez Villanueva, un home que nos anos 80 estivo vinculado co tráfico de drogas e foi condenado a 13 anos e catro meses de cadea na operación Nécora e que na actualidade viviría da viticultura. ÿ dono de Bodegas Núñez S.L.
A suposta vítima estaba a durmir na súa casa da parroquia de Tremoedo (Vilanova) cando tres encapuchados entraron na vivenda, o golpearon na cabeza cunha pistola e lle prenderon lume en distintas partes do corpo tras regalo cun líquido inflamable.
A consecuencia dos feitos, sufriu queimaduras nos brazos e os testículos e tivo que ser trasladado ao Hospital do Salnés. Os feitos están a ser investigados pola Garda Civil.
Logrou ser rescatado porque se achegou á ventá, alertou uns veciños, os encapuchados espantáronse e logrou baixar da súa casa por unha escaleira que lle achegaron os veciños. Pediuse a presenza dunha ambulancia do 061. Recibiu a alta ao longo da tarde do martes.
José Luciano Núñez Villanueva, natural da Illa de Arousa, foi detido no ano 2005 como suposto líder dunha rede de narcotransportistas que pretendía introducir nas costas galegas 2.600 quilos de cocaína a bordo do buque Non Stop, abordado o 12 de xuño de 2005. En 2009 o caso foi xulgado pola Audiencia Nacional con trece acusados que acabaron condenados a penas de entre 9 anos e un día de prisión e 11 anos e catro meses.