Indemnizan unha muller que rompeu os dentes ao caer na beirarrúa
Por Oskar Viéitez
O voceiro do goberno municipal, Raimundo González, deu conta este luns dunha sentenza por danos que condena o Concello de Pontevedra a pagar 6.800 euros a unha muller que tropezou na Avenida de Bos Aires.
O concelleiro non explicou a causa exacta do tropezón, aínda que o xulgado entende que foi unha caída en vía pública responsabilizando desta ao Consello.
Como consecuencia da caída a muller rompeu os dentes, necesitando un tratamento que custou 6.827 euros.
Nun primeiro momento o concello recoñeceu a súa responsabilidade aboando 940 euros pero a afectada recorreu e agora a Xustiza dálle a razón esixindo a administración local que pague a totalidade da factura do dentista.
O seguro que ten contratado o concello con Mapfre aboará esta indemnización. Ten unha franquicia de 1.500 euros.