Un botín en moedas de ouro
Por Redacción
Unha veciña de Pontevedra tiña na casa un auténtico tesouro, moedas de ouro de 18 quilates antigas valoradas en máis de 1.700 euros. Alguén do seu ámbito próximo o profanou, non forzaron as portas para entrar nin había sinais de roubo ningunhas, tan só un baleiro no lugar no que deberían estar as pezas.
As pezas subtraídas foron seis, catro moedas Soberano, unha Raíña das Españas e unha Medio Soberano. Polo seu roubo foi detida unha pontevedresa de 42 anos que as vendeu un establecemento de compravenda da cidade, en realidade, malvender, por 1.210 euros cando estaban valoradas en 500 euros máis.
A propietaria denunciou os feitos o 26 de novembro e sinalou que as portas de acceso ao seu domicilio non presentaban síntomas de ter sido forzadas, polo que sospeitaba que a subtracción debía de ter sido cometida por alguén que tivese acceso á súa casa.
Os investigadores iniciaron as xestións pertinentes conseguiron determinar que que a presunta autora da subtracción fora unha persoa próxima á denunciante e que as vendera nun establecemento de compra-venda.
As xoias foron recuperadas no establecemento, recoñecidas pola denunciante como súas e devoltas ao lugar no que estaban gardadas tan só dous días despois. Para deter a suposta ladroa houbo que esperar unha semana máis, pero o 4 de decembro foi localizada e recoñeceu que era a autora da subtracción.