Homenaxe a Miguel Pazos no quinto aniversario da súa morte
Por Redacción
Coincidindo co quinto aniversario da morte de Miguel Anxo Pazos, o que fora concelleiro de Deportes de Poio e patrón maior de San Telmo, os seus compañeiros e amigos do BNG de Poio rendéronlle unha homenaxe.
O ámbito do pavillón que leva o seu nome acolleu unha entrega floral ante o monolito erixido na súa memoria "do que fora un traballador incansable polo deporte, o mar, e Galiza, e que deixou unha fonda pegada en moitos eidos de Poio", segundo recoñeceu o alcalde Luciano Sobral.
"Cinco anos xa sen el e o seu recordo permanece indeleble na memoria de compañeiros, familiares, amigos e veciños", sinalaron os seus compañeiros.
Pazos foi ademais o impulsor das Escolas Deportivas de Poio, do campo da Reiboa e do torneo de fútbol 7.