Tres árbores e centos de luces de Nadal de baixo consumo
Por Mónica Patxot & Redacción
A cidade xa está iluminada para as festas de Nadal deste ano. A árbore central das festas atópase na Praza da Ferraría, pero non é a única, outras dúas máis pequenas poden verse na praza de España e en Curros Enríquez. O acto de inauguración contou coa actuación da Coral Bella Helenes e do quintento de metal Hércules Brass que interpretaron panxoliñas ante a presenza do Alcalde e da concelleira Carme da Silva, que estiveron acompañados por diversos representantes de asociacións da cidade.
A meirande parte das rúas, tanto do centro histórico como da zona comercial, atópanse iluminadas con arcos de luces led de baixo consumo, tal e como o Concello acordou coa asociación de empresarios AEMPE. A contía económica do gasto deste ano é menor que en 2011.
A iluminación do Nadal estará acesa dende as 6 da tarde ata a 1 da mañá, agás os días 24 e 31 de decembro en que estará en funcionamento durante a madrugada. O seis de xaneiro, festividade de Reis, rematará a iluminación destas festas.
Galería de fotos de Mónica Patxot