Das Malvinas a Marín
Por Redacción
Na última semana intensificouse a actividade de descarga e almacenamento de pesca conxelada nos diferentes frigoríficos do Porto de Marín coas operacións de varios buques que faenan fundamentalmente no caladoiro de Malvinas.
Arribaron a Porto procedentes de Port Stanley e logo dunha campaña de seis meses ata catro pesqueiros de altura conxeladores con capturas maioritariamente de calamar patagónico.
Trátase dos buques Castelo e Kalatxori, consignados por Axencia Marítima Davimar e atracados no peirao Este de a zona de Expansión, o Praia de Tambo, consignado por Pesquerías Marinenses e o Paradanta Primeiro, consignado por Suflernosa Consignaciones. Os dous últimos están atracados na dársena pesquera.
Os catro permanecerán en Marín ata finais de decembro para tarefas de mantemento, reparación, e descanso do persoal antes de pertrechar para volver aos caladeros.
Entre xaneiro e novembro o Porto de Marín recibiu máis de 100.000 toneladas de pesca conxelada con destino ás diferentes empresas frigoríficas que operan no recinto.
Marín é un importante centro loxístico de recepción e procesado de pesca conxelada, cunha capacidade global de almacenamiento frigorífico que supera os 230.000 metros cúbicos e varias plantas de tratamento e elaboración.